Certame de Coplas de Entroido 2018 en Gondomar

Con esta convocatoria, a A. C. Centáurea pretende pular o contido e a continuidade desta tradición, festa ritual de enchentes, esmorgas, máscaras e crítica social, que ridiculiza todo o considerado serio o resto do ano, tentando dun xeito lúdico e humorístico botar fóra as frustracións cotiáns. 
Aberto á participación de toda a veciñanza de Gondomar, este certame de coplas terá lugar o domingo 4 de febreiro ás doce do mediodía, na praza de Ángel Urzáiz da vila condal. 

As inscricións serán presentadas entre o 15 e o 31 de Xaneiro de 2018, no correo electrónico da entidade (ac.centaurea@gmail.com).

O tema das coplas é libre e as letras terán que ser integramente en idioma galego. O xurado, composto por cinco persoas, valorará tres aspectos: 1) O enxeño, o humor e o sentido crítico das letras, consubstanciais co espírito do Entroido. 2) A posta en escena. 3) A composición e acompañamento musical das coplas. O grupo gañador recibirá, ademais do diploma acreditativo, as risas e o recoñecemento de todas as persoas presentes nesta celebración.



BASES, pulsar AQUI

CONVOCATORIA Dentro do programa de actividades do Entroido 2018, a Asociación Cultural Centáurea convoca o certame de coplas, aberto a toda a veciñanza de Gondomar, que se vai celebrar na praza de Ángel Urzaiz de Gondomar (no caso de mal tempo, no auditorio Lois Tobío) ás 12 do mediodía o domingo 4 de febreiro. 

BASES 
1. Establécese un máximo de participación de oito grupos, dos que serán escollidos os oito primeiros consonte a orde de inscrición, que será a que defina a orde das actuacións. Cada grupo estará formado cando menos por seis compoñentes, os cales non poderán participar en máis dun grupo. 
2. As solicitudes de inscrición han ser remitidas no impreso anexo, ao enderezo electrónico ac.centaurea@gmail.com dende o día 15 de xaneiro até o 31 de xaneiro de 2018, ámbolos dous incluídos. 
3. As letras terán que ser integramente en idioma galego. A composición das coplas será libre, cun mínimo de oito estrofas, con interpretación acompañada de música, total ou parcialmente. Cada grupo poderá presentar un máximo de dúas coplas. 
4. As letras das coplas e a relación de compoñentes do grupo serán entregadas antes do remate do prazo de inscrición. Un xurado composto por cinco persoas escollidas pola A. C. Centáurea, decidirá a avaliación dos merecementos de cada grupo participante, cuxa decisión farase pública no remate do acto. 
5. Valoraranse tres aspectos: o O enxeño, o humor e o sentido crítico das letras, consubstanciais co espírito do Entroido. o A posta en escena. o A composición e acompañamento musical das coplas. 
6. A participación no concurso supón a aceptación de todas e cada unha das bases. A decisión do xurado é inapelable e de xurdir calquera continxencia, será resolta pola organización. 
7. Premios: O grupo gañador terá o recoñecemento de todas as persoas presentes nesta celebración, pois na A.C. Centáurea consideramos que o mellor premio é facer feliz á xente. E iso, temos a certeza que se vai acadar.


INSCRICIÓN, pulsar AQUÍ

CERTAME DE COPLAS Solicitude de inscrición o Datos do representante: 
 Nome 1º Apelido 2º Apelido 
DNI 
Enderezo: Barrio/Rúa Nº e Letra Código Postal Concello 
 Teléfono 
Correo electrónico 

Solicita a inscrición do grupo: 
 Nome do grupo ao que representa Nº coplas (máximo dúas) 
Título da primeira Copla Nº estrofas Título da segunda Copla Nº estrofas 

Así mesmo, comprométese a achegar dentro do prazo de inscrición, as letras das coplas e unha listaxe de integrantes do grupo, indicando cadanseu nome completo e idade. 

 Data Sinatura


Comentarios

Publicacións populares deste blog