Convocatoria do certame de coplas do Entroido.
Publicacións
Certame de Coplas de Entroido 2018 en Gondomar
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Con esta convocatoria, a A. C. Centáurea pretende pular o contido e a continuidade desta tradición, festa ritual de enchentes, esmorgas, máscaras e crítica social, que ridiculiza todo o considerado serio o resto do ano, tentando dun xeito lúdico e humorístico botar fóra as frustracións cotiáns. Aberto á participación de toda a veciñanza de Gondomar, este certame de coplas terá lugar o d omingo 4 de febreiro ás doce do mediodía, na praza de Ángel Urzáiz da vila condal. As inscricións serán presentadas entre o 15 e o 31 de Xaneiro de 2018, no correo electrónico da entidade (ac.centaurea@gmail.com). O tema das coplas é libre e as letras terán que ser integramente en idioma galego. O xurado, composto por cinco persoas, valorará tres aspectos: 1) O enxeño, o humor e o sentido crítico das letras, consubstanciais co espírito do Entroido. 2) A posta en escena. 3) A composición e acompañamento musical das coplas. O grupo gañador recibirá, ademais do diploma acreditativo, as risas e o reco
- Obter ligazón
- X
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
A Asociación Cultural Centáurea nace co obxectivo de reivindicar a nosa propia cultura sen intermediarios interesados. Unha cultura de base, asentada no noso tempo, na nosa realidade e na nosa lingua. Queremos revelar a nosa historia,desvelar a nosa realidade e recobrar o orgullo da nosa pertenza común. Con estas roupas, presentámonos diante vosa. Estamos en Gondomar.